O inmenso engano do lince
Encarna Otero
Historiadora
2009-03-31 22:02:52
Non existe ningún nexo de relación entre a aprobación do Proxecto de Lei da despenalización da interrupción do embarazo e a campaña publicitaria posta en marcha pola igrexa católica cuxa imaxe visual é a dun bebé sen sexo de varios meses de idade é un lince como especies a protexer. Esta afirmación descansa no feito de que a interrupción dun embarazo non desexado por calquera muller nada ten que ver con un neno ou unha nena de varios meses de idade, a pesares de que a igrexa católica sempre tentou e tenta de relacionar nas súas campañas publicitarias ambas as dúas temáticas; primeiro foi o neno "Juanito" e agora é o "bebé do lince", querendo facer así que as mulleres se sintan responsables de asasinar unha vida humana; cando o obxectivo da lei non é outro que liberar precisamente as mulleres da posible carga penal que a interrupción do embarazo conleva se esta lei non chegara a aprobarse; porque a data de hoxe a interrupción do embarazo só está despenalizada en tres supostos, no resto do casos é unha práctica que o Código Penal tipifica como delito do que se deriva que as mulleres que o practican son delincuentes; polo tanto as únicas saídas que a Igrexa Católica da para as mulleres neste momento son: a súa responsabilidade por incorrer no asasinato dunha vida humana ou o seu castigo como delincuente.
Ben sabido é que, ao longo da historia da especie humana e tamén hoxe nos nosos días, na maior parte do mundo e por tanto tamén no Estado español son as mulleres en máis dun 80% as que coidan, alimentan, crían e dan cariño de xeito gratuíto e xeneroso a milleiros de nenos e nenas, pondo nun segundo plano a súa vida como mulleres para priorizar e salientar a función de ser nais; o tempo, o traballo, o lecer, a economía e o amor destas nais-mulleres entrégase con plenitude aos seus fillos e fillas, foron e son maioritariamente as mulleres as que garantiron e garanten a sobrevivencia da especie humana.
Teño escoitado varias veces a amigas miñas dicir que as mulleres teñen dous estados, o de mulleres e o de nais e o primeiro desaparece cando comeza o segundo que ademais exércese de por vida; así que polo tanto xa vai sendo hora que no século XXI, ano 2009, existan leis que amparen, tanto no plano xurídico como no plano sanitario, a difícil solución que as mulleres deben tomar en liberdade de cando e como queren ser nais, e que esta decisión a poidan facer con sosego e paz, porque ningunha muller quere abortar e se o ten que facer é o último recurso que tivo que empregar como exercicio responsable de asumir a crianza dos seus fillos e fillas no futuro; polo tanto que se aprobe canto antes esta lei de despenalización do aborto e que por fin as mulleres teñan a cobertura necesaria que precisan na rede pública e sobre todo que a sexualiade reciba o tratamento que precisa desde o ámbito da educación e de métodos anticonceptivos ao servizo das mulleres e dos homes para que o aborto só sexa necesario como caso excepcional; é se a Igrexa Católica está interesada en facer campañas de publicidade investindo os seus propios recursos neste ámbito económico como calquera outra asociación ou empresa, - porque quero pensar que sendo o Estado Español un estado laico é aconfesional serán soamentes os recursos privados da igrexa católica os que se invisten nas campañas publicitarias da mesma - permítome suxerirlle dúas ideas: a primeira estaría baseada nunha campaña pública na que pediran desculpas e recoñeceran o dano feito aos milleiros de mulleres que ao longo da historia foron queimadas vivas como bruxas, condenadas a manicomios ou sanatorios psiquiátricos como tolas (a nosa Rosalía de Castro e a nosa María Soliña forman parte destas últimas) segregadas e condenadas socialmente, simplemente polo delito de ser sanadoras, coñecedoras de plantas que curaban as xentes, por repartir sorrisos e exercer a súa liberdade; e a segunda campaña, tamén de interese, podía ter como obxecto publicitario o reclamo do exercicio da paternidade dos homes nos coidados dos seus fillos e fillas, porque de momento ningún óvulo fecunda sen non entra nel un espermatozoide, e estes últimos só se poden producir non aparello reprodutor masculino, polo tanto tódolos homes que usan os seus espermatozoide poden ser pais.
Xornal de Galicia.- Mércores 1 de Abril de 2009.
martes, 14 de abril de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

1 comentario:
Sigo pensando que abortar con 22 meses, sen que haxa perigo de saude nin para a nai nin para o neno, é un simple asasinato. Se non queren ter fillos que utilicen métodos anticonceptivos cando foden, ou que non o fagan. Ó 99% da xente lle funciona. A min funcionoume e a todos os meus amigos/compañeiros tamén. Dos poucos casos que coñezo de "penaltis" foron (algún seguro e outros apostaría que tamén) polo non uso ou uso inadecuado dos métodos anticonceptivos. E hoxe en día, nun país coma este, calquera ten acceso e medios, para obtelos.
Eludir as nosas responsabilidades, adquiridas libremente nunha noite de pracer, e logo facer pagar por elas a un ser totalmente inocente coa sua vida é do mais baixo que se pode caer. Lamentablemente o xénero humano é así... Vivimos tan protexidos de cativos que pretendemos que maiores podamos seguir esquivando os nosos deslices, ademáis de forma legal e incluso enchendo o peito.
¿A campaña do lince? Sí, será demagogia, pero para min un asunto totalmente secundario cando a vida de moitos nenos está en xogo.
Saudos.
Caponata.
Publicar un comentario